Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar la usabilidad y seguridad de la página web y obtener datos estadí­sticos de la navegación de los usuarios. Si está de acuerdo pulse ACEPTAR o continúe navegando. Más información en Política de Cookies.
Martes - 11.maio.2021

Construción de casas e chalés chave en man

Doado e cómodo para ti.

Ofrecemos un servizo de construción ou reforma chave en man totalmente integral.

Nós encargámonos de todo: o desenvolvemento do proxecto, a realización das xestións e a construción dende os alicerces ata os derradeiros detalles da decoración.

Adaptámonos ao teu presuposto e necesidades. Ofrecémosche as mellores opcións e asesorámoste en cada decisión, achegando solucións profesionais para construíres a casa dos teus soños.

Todo incluído.

Cando nos contratas, nós facémonos responsables de todas as fases da construción ou reforma, aforrándoche tempo e cartos na construción da túa vivenda.

En ACASA deseñamos e construímos vivendas totalmente personalizadas, con presupostos completos que inclúen todos os traballos, sen que ti teñas que preocuparte por nada.

Ao facermos proxectos integrais, evitamos calquera problema de coordinación e sobrecustos.

Sen sorpresas.

Responsabilizámonos realmente de todo; chave en man sen sorpresas.

Analizamos as túas necesidades, realizamos o proxecto á medida e xestionamos as licenzas. Encargámonos de cimentacións, estruturas, cerramentos, accesos, subministracións, movementos de terra e drenaxes, instalacións, impermeabilizacións, carpintería e acabados, cociña, baño, mobiliario e decoración.

Falamos da túa casa nova?