Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar la usabilidad y seguridad de la página web y obtener datos estadí­sticos de la navegación de los usuarios. Si está de acuerdo pulse ACEPTAR o continúe navegando. Más información en Política de Cookies.
Xoves - 18.abril.2024

Construír casas e chalés chave en man

Somos profesionais de confianza.

ACASA é un equipo de profesionais especializados cunha sólida experiencia en construción, rehabilitación, reforma e decoración de casas unifamiliares.

Afrontamos cada proxecto con moita responsabilidade e ilusión, porque sabemos o importante que é para ti.

Temos unha filosofía de traballo integral e unha atención ao cliente totalmente personalizada.

A túa casa á medida, xusto como a imaxinas.

Desenvolvemos un proxecto adaptado ás túas necesidades e convertemos as túas ideas na casa dos teus soños.

Nós encargámonos absolutamente de todo: traballo técnico e creativo, xestión e trámites, contratacións e compras.

Estamos presentes en todo o proceso e asesorámoste en cada decisión ata o derradeiro detalle para que todo resulte doado e sinxelo.

A túa mellor inversión.

Queremos ser a túa mellor inversión. Ofrecemos un servizo profesional de alta calidade con presupostos moi axustados.

Estudamos cada opción de deseño ou materiais para conseguir o mellor resultado co menor custo posible.

Cremos que unha casa nova ou reformar un espazo pode achegar novas perspectivas á vida das persoas que o habitan.

Falamos da túa casa nova?