Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar la usabilidad y seguridad de la página web y obtener datos estadí­sticos de la navegación de los usuarios. Si está de acuerdo pulse ACEPTAR o continúe navegando. Más información en Política de Cookies.
Sábado - 20.Abril.2024

Iria López Presedo

A reforma dunha vivenda é, case sempre, un proxecto en que conflúen as mellores expectativas por parte de quen a solicita con non poucos medos; por isto é tan importante dar con empresas formadas por profesionais que sexan quen de dar una resposta axeitada.

Souben desde o primeiro día que acertara coa elección, pois cando Javier viu a vivenda deu unha serie de solucións que só un profesional de ampla experiencia é quen de aportar. A continuación, presentou un orzamento totalmente detallado e acorde aos requirimentos feitos, algo básico e non sempre fácil de atopar. En conclusión, a reforma do piso foi un éxito e non podemos ficar máis contentos.

Tamén decidimos pedirlles colaboración para amoblar e decorar e o resultado non puido ser mellor. O traballo de Natalia ( sempre atenta ás nosas peticións e con moitas propostas) foi espectacular; creou ambientes con moito encanto.

Repetiría, sen dubidalo.